miércoles, 20 de abril de 2011

Na nosa biblioteca...


Roberto Vidal Bolaño pechou con Animaliños a triloxía sobre algunhas paradoxas e contradiccións da sociedade, descritas desde a perspectiva do humor.
A paisaxe na que se desenvolve esta fragmentaria obra teatral é a dos xardíns que acompañan a todo adosado que se precie. En cada adosado hai un xardín e para cada xardín hai unha familia coas súas obsesións por cuidar o céspede, por liberar ás plantas das pragas e por facer dese anaco urbanizado o cacho de ceo que lles debería corresponder.
O punto de partida desta última peza da triloxía que se abriría con Anxeliños e continuaría con Criaturas é esa paradóxica intención dos veciños das urbanizacións de coidar ata o exceso a natureza no seu entorno máis directo e contribuír a deturpar o resto sen demasiada preocupación.
Os perfís das personaxes que se van sucedendo en Animaliños proceden, segundo Vidal Bolaño, dos modelos que se poden atopar nas revistas especilizadas de xardinería, nos programas de radio ou televisión e, tamén, como resultado da observación directa do entorno neses novos barrios de casiñas adosadas co seu cacho de terra verde.
Texto extraído da hemeroteca de "A Voz de Galicia".

No hay comentarios:

Publicar un comentario