
"O Soño dun creador é poseer os poderes ocultos do bruxo e acadar con eles efectos máxicos que transformen a realidade cotiá en outra máis profunda, esencial e fermosa, ante os sorprendidos ollos da tribu. De seguida descubrimos que polo feito de disfrazarnos e pintarnos, e facer xestos e signos espectaculares, non pasamos de ser farsantes no terreo da ilusión, con máis ou menos acerto. Os médicos desexan curar aos enfermos que chegan ao seu lado posando as súas mans sobre eles. Cando descubren o pobre resultado do acto simbólico, non lles queda máis remedio que poñerse a estudar medicina e a investigar durante toda a súa vida. Moito máis interesante que escribir este manual tería sido inventar unhas pastillas con poderes especiais que outorgaran o don do coñecemento e a capacidade artística creadora. Busquéi o plano secreto, o camiño fácil e directo, e ao final tiven que aceptar realizar o rodeo necesario a partir dos planos limitados de outros exploradores do pasado.
Nas páxinas deste manual están as pistas que conseguín atopar que a mín me pareceron máis fiabeis, os materiais que creo máis útiles para a inmersión no océano do feito teatral. Cada un pode recollelas según os seus gostos, motivacións e necesidades: de principio a fin, a saltos, elexindo os camiños máis esotéricos ou os máis racionais, ou lendo só os capítulos ou partes que resulten máis do seu interese. A meta non é o coñecemento polo coñecemento, senon a perla agochada no fondo do mar, o diamante da montaña profunda, pero... como chegar a eles se non é buscándoos?"
José Luis Alonso de Santos
No hay comentarios:
Publicar un comentario