miércoles, 20 de abril de 2011

Na nosa biblioteca...


O presente volume recolle dúas comedias de Cándido Pazó: «Ñiquiñaque. Pateticomedia rodante para dous actores» (premio Max ao Mellor Texto teatral en galego 2001) e «O último roedor». «Ñiquiñaque», estreada en marzo de 2000 en Santiago de Compostela pola compañía Ollomoltravía, enfronta a dous únicos persoanxes, Cosme e Damián, cómicos de legua duns trinta e tantos anos, que non se renden na procura do triunfo na escena. Ao longo de seis xornadas os cómicos tirarán derreados do seu motocarro e preparán un clásico ñiqui-ñaque , unha nova versión de Montescos e Capuletos, unha función para dous actores que pretenden estrear diante dos responsables do Gran Ducado. Pola súa banda, «O último roedor» é o resultado dunha experiencia de escrita teatral a pé de escena levada a cabo por Pazó no II Marathon Européen de la Création Théatrale 2000 celebrado en Bruxelas con motivo da súa capitalidade europea da cultura. A obra foi estreada en francés en novembro de 2000, no Espace Senghor de Bruxelas, a cargo da compañía belga Canadair. En medio de todo o detrito do sumidoiro, o último roedor debulla unha interminable conta agardando a aparición das ratas e devorar a pútrida opulencia de centos de tetrabriks de tomate frito, supositorios e preservativos usados. Entre as augas esplendorosamente sucias dos sumidoiros, os roedores escriben as máis brillantes páxinas da súa historia, ata que son rescatados polo frautista que lles proporá abandonar o benestar das tebras e saír a campo aberto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario