sábado, 23 de abril de 2011

Na nosa biblioteca...


Robert Hethmon ofrécenos neste libro o que pode considerarse unha peza mestra da literatura teatral. Asistindo ás sesións do Actor’s Studio recolleu na cinta magnetofónica as leccións de Lee Strasberg; posteriormente ordeou este material según as directrices do Método. Deste xeito conseguiu expoñer toda a formación, tanto práctica como teórica, que recibe un actor no Studio e, ao mesmo tempo, desvelar a utilización que fixo Strasberg do famoso Método de Stanislavski, descubrindo as súas aportacións personais. Na introducción, Hethnon expón a traxectoria e sentido do Actor’s Studio dentro da vida teatral norteamericana e a influencia que recibiu desde que se incorporou a él Lee Strasberg.
Extraído do blog "Lector escénico".

miércoles, 20 de abril de 2011

Na nosa biblioteca...


Roberto Vidal Bolaño pechou con Animaliños a triloxía sobre algunhas paradoxas e contradiccións da sociedade, descritas desde a perspectiva do humor.
A paisaxe na que se desenvolve esta fragmentaria obra teatral é a dos xardíns que acompañan a todo adosado que se precie. En cada adosado hai un xardín e para cada xardín hai unha familia coas súas obsesións por cuidar o céspede, por liberar ás plantas das pragas e por facer dese anaco urbanizado o cacho de ceo que lles debería corresponder.
O punto de partida desta última peza da triloxía que se abriría con Anxeliños e continuaría con Criaturas é esa paradóxica intención dos veciños das urbanizacións de coidar ata o exceso a natureza no seu entorno máis directo e contribuír a deturpar o resto sen demasiada preocupación.
Os perfís das personaxes que se van sucedendo en Animaliños proceden, segundo Vidal Bolaño, dos modelos que se poden atopar nas revistas especilizadas de xardinería, nos programas de radio ou televisión e, tamén, como resultado da observación directa do entorno neses novos barrios de casiñas adosadas co seu cacho de terra verde.
Texto extraído da hemeroteca de "A Voz de Galicia".

Na nosa biblioteca...


"Teatralizamos por natureza. / Teatralizamos o tiempo, o tráfico e outros fenómenos impersonais facendo uso da esaxeración, a xustaposición irónica, a inversión, a proxección e todas as estratexias das que se vale o dramaturgo, para crear fenómenos emocionalmente significativos, e o psicoanalista, para interpretalos."
— David Mamet

Na nosa biblioteca...


O presente volume recolle dúas comedias de Cándido Pazó: «Ñiquiñaque. Pateticomedia rodante para dous actores» (premio Max ao Mellor Texto teatral en galego 2001) e «O último roedor». «Ñiquiñaque», estreada en marzo de 2000 en Santiago de Compostela pola compañía Ollomoltravía, enfronta a dous únicos persoanxes, Cosme e Damián, cómicos de legua duns trinta e tantos anos, que non se renden na procura do triunfo na escena. Ao longo de seis xornadas os cómicos tirarán derreados do seu motocarro e preparán un clásico ñiqui-ñaque , unha nova versión de Montescos e Capuletos, unha función para dous actores que pretenden estrear diante dos responsables do Gran Ducado. Pola súa banda, «O último roedor» é o resultado dunha experiencia de escrita teatral a pé de escena levada a cabo por Pazó no II Marathon Européen de la Création Théatrale 2000 celebrado en Bruxelas con motivo da súa capitalidade europea da cultura. A obra foi estreada en francés en novembro de 2000, no Espace Senghor de Bruxelas, a cargo da compañía belga Canadair. En medio de todo o detrito do sumidoiro, o último roedor debulla unha interminable conta agardando a aparición das ratas e devorar a pútrida opulencia de centos de tetrabriks de tomate frito, supositorios e preservativos usados. Entre as augas esplendorosamente sucias dos sumidoiros, os roedores escriben as máis brillantes páxinas da súa historia, ata que son rescatados polo frautista que lles proporá abandonar o benestar das tebras e saír a campo aberto.

Na nosa biblioteca...


"O Soño dun creador é poseer os poderes ocultos do bruxo e acadar con eles efectos máxicos que transformen a realidade cotiá en outra máis profunda, esencial e fermosa, ante os sorprendidos ollos da tribu. De seguida descubrimos que polo feito de disfrazarnos e pintarnos, e facer xestos e signos espectaculares, non pasamos de ser farsantes no terreo da ilusión, con máis ou menos acerto. Os médicos desexan curar aos enfermos que chegan ao seu lado posando as súas mans sobre eles. Cando descubren o pobre resultado do acto simbólico, non lles queda máis remedio que poñerse a estudar medicina e a investigar durante toda a súa vida. Moito máis interesante que escribir este manual tería sido inventar unhas pastillas con poderes especiais que outorgaran o don do coñecemento e a capacidade artística creadora. Busquéi o plano secreto, o camiño fácil e directo, e ao final tiven que aceptar realizar o rodeo necesario a partir dos planos limitados de outros exploradores do pasado.

Nas páxinas deste manual están as pistas que conseguín atopar que a mín me pareceron máis fiabeis, os materiais que creo máis útiles para a inmersión no océano do feito teatral. Cada un pode recollelas según os seus gostos, motivacións e necesidades: de principio a fin, a saltos, elexindo os camiños máis esotéricos ou os máis racionais, ou lendo só os capítulos ou partes que resulten máis do seu interese. A meta non é o coñecemento polo coñecemento, senon a perla agochada no fondo do mar, o diamante da montaña profunda, pero... como chegar a eles se non é buscándoos?"

José Luis Alonso de Santos

Na nosa biblioteca...


Un texto do autor de Hamelin, un dos mellores dramaturgos do noso tempo, Juan Mayorga. "Unha suxerente fábula", en palabras do director Ernesto Caballero, baseada en feitos reais.

Unha noite, un historiador recibe unha insólita visita: unha señora que se identifica como Harriet e que resulta ser a parlanchina tartaruga que Darwin trouxo das Galápagos, ao parecer a criatura máis anciana do mundo. Non só sobreviviu ao seu amo, senón tamén a toda unha serie de hitos históricos: dúas guerras mundiais, a Revolución Industrial, á de Outubro e á Perestroika.

Como testigo especial posee un enorme valor para os estudiosos. O seu coñecemento dos detalles máis inverosímiles e os saltos na súa evolución persoal sorprenderán a máis de un. A Historia vista desde abaixo.

lunes, 18 de abril de 2011

Na nosa biblioteca...



"Director de teatro e programas dramáticos para televisión, polos que foi premiado nos premios Emmy e Peabody, Don Richardson foi también profesor de Teatro durante corenta e cinco anos, entre os seus alumnos e alumnas atópanse actores e actrices tan coñecidos como Anne Bancroft, Grace Kelly,Elizabeth Montgomery e John Cassavettes, entre outros moitos. Faleceu en 1996.

Este interesante libro, precisamente, amosa, nun estilo ameno e moi pedagóxico, o que di xa moito sobre él como mestre de Teatro, os seus coñecementos e experiencias no ensino, oposto ao Método doActor’s Studio, a cuxos membros sacude con enerxía como neurotizantes e enfermizos. O método practicado por él, según se desprende dos exercicios que propón, é fundamentalmente práctico e intuitivo, e ten o pequeno defecto de ir dirixido case sempre á interpretación no cine e a televisión. É, por outra parte, moi americano no seu estilo, isto quere dicir que a súa forma de preparación de actores recoñece que a práctica didáctica en Europa difire bastante da americana. O que se infira da lectura do libro non debe ser o enfrentamento entre escolas de didáctica da interpretación, senon a necesidade dun eclecticismo non fanatizado e a líña de libertade para o alumno, no sentido de rexeitar cualquera dominio do mestro sobre él en canto a captación do tipo do gurú, o que reprocha a mestros como Strasberg. Unha idea fundamental en todo o proceso que él destaca é que o profesor non traballa para él mesmo, senon para o alumno, para que obteña os máximos resultados do seu instrumento de traballo, o seu corpo, a súa voz, o seu movemento, e isto lógrase co entrenamento, lóxicamente. Outra idea que convén resaltar é a separación que establece entre entrenamento e actuación, pois él repróchalle ao método que leva o entrenamento á actuación ante opúblico. Propón, ademais, interesantes exercicios de improvisación e propostas de traballo na aula, que sen dúbida poden ser moi útiles para cualquera que esté nestes menesteres."
Información obtida do blog artesescénicas.